O PP reclama a licitación do servizo de cafetería no Pavillón Municipal dos Deportes

Pontevedra
03 de xullo 2017

O grupo municipal do Partido Popular presentará unha moción ao próximo pleno da corporación para esixir a reapertura da cafetería, que leva un ano sen servizo

Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra
Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra / Mónica Patxot

O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra presentará unha moción no próximo pleno da corporación para instar o goberno local á reapertura da cafetería do Pavillón Municipal dos Deportes.

Este servizo leva un ano pechado tras caducar a última das tres prórrogas outorgadas á empresa concesionaria o mes de xuño do ano 2016.

"Es, sin temor a equivocarme, la instalación deportiva más frecuentada de la ciudad", argumentou Tomás Abeigón para xustificar a moción.

O PP instará ao Concello a sacar a licitación un novo contrato no prazo de dous meses "con el objetivo de que se pueda ofrecer el servicio en el inicio de la próxima temporada", segundo sinalou o edil popular, para quen esta situación reflicte "la apatía de Lores para crear empleo".

A queixa do Partido Popular segue a liña da presentada no seu momento pola ausencia do mesmo servizo de cafetería no campo de fútbol da Xunqueira.