O PP reclama ao goberno local de Pontevedra que presente os orzamentos para 2023

Pontevedra
26 de decembro 2022

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, critica que o goberno bipartido non presentase xa as contas municipais, "lo que sin duda perjudica a nuestra economía"

Intervención de Rafa Domínguez no Pleno municipal
Intervención de Rafa Domínguez no Pleno municipal / Mónica Patxot

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou que ao peche do ano "el BNG y PSOE no hayan conseguido aprobar un presupuesto" o que ao seu xuízo supón unha situación que "no beneficia a nadie".

Para o popular incidiu en que, "a estas alturas del año", as contas municipais deberían estar xa presentadas e explicadas.

"Lo que vemos, como con el alumbrado de Navidad, es que se hacen las cosas tarde y mal", dixo o portavoz do PP. 

Domínguez asegurou que este atraso "choca frontalmente contra la estabilidad y solvencia que deberían tener las cuentas municipales" xa que "no se pueden disponer de nuevas partidas y no se pueden ni acometer ni pagar obras", destacou o popular. 

"Una vez más, Pontevedra se queda atrás", resumiu.

Por último, o PP apunta que esta circunstancia "perjudica gravemente a la economía pontevedresa, ya de por si dañada" polo que urxiu un orzamento "en la mayor brevedad posible y exigimos al BNG y al PSOE que se pongan a trabajar por el bien de todos", rematou Domínguez.