O presidente de Ence, Juan Luís Arregui, acode á UNED de Pontevedra

Pontevedra
24 de outubro 2012

ENCE incorpórase ao Patronato do Centro da UNED de Pontevedra. O presidente da compañía pastera, Juan Luis Arregui, acude ao centro de Monteporreiro acompañado de Ignacio De Colmenar y Brunet, conselleiro delegado de ENCE. Ás dez e media da mañá participarán nunha rolda de prensa

Juan Luis Arregui, Presidente de ENCE Grupo ENCE

Este xoves, ás dez da mañá, na sé do Centro, terá lugar a incorporación de ENCE, ao Patronato do Centro Asociado da UNED de Pontevedra.

O acto da firma do convenio de adhesión estará presidido o rector da UNED, profesor Juan Antonio Gimeno Ullastres, o presidente do Patronato e titular da Diputación Provincial, Rafael Louzán Abal e o presidente de ENCE, Juan Luís Arregui.

Esta cerimonia celebrarase no transcurso da Reunión Extraordinaria da Xunta Rectora do Patronato do Centro Asociado.

A firma do convenio de adhesión efectuarana o presidente do Patronato, Rafael Louzán Abal e Ignacio De Colmenar e Brunet, conselleiro delegado de ENCE.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores forma parte do Patronato da UNED, sen embargo non acudirá a cita, e non haberá encontro con Arregui.

Lores está de viaxe en Barcelona representando a Mancomunidade Terras de Pontevedra polo que delegou en Antón Louro coma alcalde "accidental".

Ás dez e media da mañá, os asistentes a este acto, celebrarán unha rolda de prensa.

O director xeral do COE na apertura de curso

Tamén este xoves, ás seis da tarde, na sé do Centro da UNED no Centro da UNED celebrarase a apertura oficial do curso académico 2012-2013.

A lección inaugural ofreceraa o director xeral de deportes do Comité Olímpico Español, Ricardo Leiva Román, que disertará sobre o tema "Os Xogos Olímpicos, un percorrido pola historia".