O primeiro vermú mariñeiro da Festa do Mar de Combarro foi "un éxito"

Poio
26 de agosto 2023

O Concello de Poio califica de "éxito" a participación na primeira sesión vermú mariñeiro, dentro da programación da Festa do Mar que se celebra estes días en Combarro  

Festa do Mar de Combarro
Festa do Mar de Combarro /

O Concello de Poio califica de "éxito" a participación na primeira sesión vermú mariñeiro, dentro da programación da Festa do Mar que se celebra estes días en Combarro.

A Praza da Chousa encheuse este sábado ao mediodía para degustar os petiscos das food trucks da campaña Galicia sabe aMar, da Xunta de Galicia, ao ritmo da música do grupo Algo pasa con Mary.

Esta foi unha das principais novidades desta edición, na que desde o Concello intentaron dar máis protagonismo ao mar e á tradición mariñeira.

Ao longo do día desenvolverase o Encontro de embarcacións tradicionais con diferentes probas e baixo a organización do Club Mariño A Reiboa.

A tarde noite continuará a festa con gastronomía que se pode consumir nos restaurantes e tabernas colaboradoras, e cos concertos de Os Carunchos e Roi Casal, ademais do espectáculo infantil Marta sempre arriba.

O sábado rematará coa tirada dos fogos de artificio a partir das 00:00 horas.