Froiz, como estaba previsto, desvelou os seus plans para o novo centro loxístico que construirá no polígono de Barro-Meis. Esta decisión provocará cambios nos negocios que o grupo alimenticio ten en Poio, unha cuestión que non pasou desapercibida para o PSdeG-PSOE local.
A executiva socialista lamenta que esta plataforma loxística non se vaia a situar no polígono industrial de Fragamoreira.
Esta situación prodúcese, segundo o PSOE, como consecuencia da paralización polo Partido Popular do desenvolvemento do polígono industrial.
Esta "traizón a Poio", segundo a agrupación socialista, foi "encabezada" por Javier Domínguez, como titular de Xestur, e por Ángel Moldes como presidente da plataforma antipolígono. A ambos lles consideran responsables desta decisión.
Desta polémica, o PSOE de Poio deixa fóra ao Grupo Froiz, ao que lle agradecen que manteña a súa sede social en Lourido e o seu compromiso polo emprego no municipio.