O PSOE cuestiona o plan de compostaxe para Monte Porreiro

Pontevedra
05 de xaneiro 2018

Para os socialistas, o proxecto pensado para despregar o sistema da compostaxe en Monte Porreiro está "mal deseñado" e non se axusta as características do barrio. De aí que o seu voceiro, Agustín Fernández, vaia a interpelar ao alcalde no próximo pleno sobre a "tensión" que obrigou ao Concello a paralizar o plan

Agustín Fernández e Iván Puentes, no pleno municipal
Agustín Fernández e Iván Puentes, no pleno municipal / Mónica Patxot

Para os socialistas, o proxecto pensado para despregar o sistema da compostaxe en Monte Porreiro está "mal deseñado" e non se axusta as características do barrio. De aí que o seu voceiro, Agustín Fernández, vaia a interpelar ao alcalde no próximo pleno sobre a "tensión" que obrigou ao Concello a paralizar o plan.

"Queremos que o alcalde dea explicacións acerca das consecuencias que vai a ter na implantación do modelo de recollida de residuos sólidos urbanos e as medidas que se están a tomar para rebaixar unha tensión que vai en aumento", indicou Fernández.

A pretensión de instalar composteiros comunitarios no barrio, recordan os socialistas, foi "duramente contestada" por gran parte da veciñanza e se recolleron máis de 1.500 sinaturas en contra do proxecto tal e como está deseñado.

O PSOE afirma estar "preocupado" pola situación e considera necesario "atallala con plantexamentos sensatos e con un proxecto claro". O voceiro socialista entende que a compostaxe só funcionará se os veciños se implican pero "se se lles pretende impoñer un modelo sen consultar e sen consensuar, pasan estas cousas".

Os socialistas veñen denunciando a falta dunha "folla de ruta clara" no tema do compostaxe. "Non hai plan de viabilidade, nin estudo económico financeiro, nin proxecto de implantación. Non sabemos que se vai a facer co compost, nin o custe da planta da Canicouva. Todo son interrogantes. E cando as cousas fanse dende a improvisación, adoitan acabar mal", engaden.

Agustín Fernández, nesta materia, esixe maior transparencia e información, máis dialogo e consenso cos veciños e un proxecto ben deseñado. "Se o goberno non rectifica acabará por converter en un fracaso o que é unha boa idea", finalizou.