O PSOE inicia unha campaña para a derrogación da LOMCE

Pontevedra
23 de novembro 2016

Co reparto diante dos institutos de folletos explicativos da postura do PSOE, os socialistas iniciaron este mércores en Pontevedra á campaña para a derrogación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE

O PSOE reparte propaganda da campaña contra a Lomce
O PSOE reparte propaganda da campaña contra a Lomce / PSOE

Co reparto diante dos institutos de folletos explicativos da postura do PSOE, os socialistas iniciaron este mércores en Pontevedra á campaña para a derrogación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE.

"En realidade a campaña iniciouse o día 15 de novembro cando o Congreso dos Deputados aprobou unha proposición de lei do PSOE para suspender as reválidas e facer unha nova lei educativa", indicou Tino Fernández, portavoz municipal e un dos participantes no reparto de propaganda levado a cabo este mércores pola mañá, onde estivo acompañado polos concelleiros socialistas e militantes da agrupación.

O Partido Socialista aboga por abrir un proceso de diálogo que culmine nun pacto político e social "que permita aprobar unha lei consensuada que asegure un modelo educativo público, estable e de calidade, garantizado como un dereito de todos", afirman.

A campaña completarase a longo dos próximos días con charlas e reunións cos colectivos mais afectados pola LOMCE como son os estudantes, as asociacións de pais e nais de alumnos e o profesorado.