O PSOE insta aos alcaldes do PP a que renuncien aos cartos da Deputación que criticaron por insuficientes

Pontevedra
21 de novembro 2015

O voceiro do PSdeG-PSOE na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor, saíu ao paso das declaracións realizadas por deputados e alcaldes do PP na provincia denunciando que a presidenta provincial, Carmela Silva, os trata como ao peor barrio de Vigo e anímaos a que soliciten por carta a renuncia ao Plan de Concellos 2016 e a que soliciten que se lles aplique os cartos que recibían por concurrencia no 2015. "Xa verán como non o vai facer ningún", asegura

Alcaldes do Partido Popular concéntranse ante a Deputación provincial PontevedraViva

O voceiro do PSdeG-PSOE na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor, saíu ao paso das declaracións realizadas por deputados e alcaldes do PP na provincia denunciando que a presidenta provincial, Carmela Silva, os trata como ao peor barrio de Vigo e anímaos a que soliciten por carta a renuncia ao Plan de Concellos 2016 e a que soliciten que se lles aplique os cartos que recibían por concurrencia no 2015. "Xa verán como non o vai facer ningún", asegura.

"Se o fan de forma inmediata, tomaranse as decisións pertinentes para restarlles os cartos de máis que van recibir da Deputación", indicou Santos Héctor, que está "seguro" de que o resto dos alcaldes da provincia estarán encantados de que se distribúan os fondos aos que renuncien os alcaldes do PP.

De forma moi especial anima á voceira provincial do PP e alcaldesa de Mos, Nidia Arevalo, a que renuncie ao fondo que lle corresponde ao seu concello e que explique "por que estaba caladiña cando recibía moitos menos cartos da Deputación e fala agora". "Que renuncie xa, hoxe mesmo. Estou seguro que non o fará", subliña o socialista.

Santos Héctor insiste en que "o certo é que a totalidade dos alcaldes da provincia están encantados" e que os do Partido Popular tamén, pero este venres saíron públicamente denunciando o contrario porque os presidentes galego e provincial do seu partido, Alberto Núñez Feijóo e Rafael Louzán "obríngalles  a facer este ridículo".

O voceiro socialista asegura que todos os concellos recibirán moitos máis cartos e que o orzamento para 2016 é "moito mellor, máis transparente, sen cacicadas nin arbitrariedades", de modo que "non o soportan".