O PSOE provincial aposta porque nas autonómicas se vai repetir o mesmo resultado destas xerais

Pontevedra
11 de novembro 2019

David Regades, secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, avaliou os resultados sinalando que os socialistas levan cuatro comicios vencendo na provincia e acadando o 68% dos votos en Pontevedra. Lembrou que dos 500.000 votos do PSOE en Galicia, 200.000 obtivéronse nesta provincia

David Regades, o secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, avalía o resultado do 10N
David Regades, o secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, avalía o resultado do 10N

Alegría e satisfacción. Así definía David Regades, secretario xeral do PSdeG-PSOE en Pontevedra, as sensacións que lle transmiten os resultados electorais durante a xornada do 10N na provincia.

Acompañado dos deputados electos Olga Alonso, Guillermo Meijón, Ángeles Marra e de Marica Adrio, escollida tamén xunto a Modesto Pose para representar á provincia no Senado, Regades sinalou que o PSOE foi a forza que freou á dereita, PP e Vox, en Galicia.

Os socialistas lembraron que é a cuarta cita electoral na que, de maneira consecutiva, vencen na provincia consolidando os votos. Regades afirmaba que gañaran na maioría dos concellos nos que goberna un alcalde socialista e, por este motivo, confía en que ese voto se traslade tamén ás próximas eleccións autonómicas.

"No tenemos duda de que este resultado se va a repetir en las autonómicas", afirmou o secretario xeral socialista. Neste sentido, lembraba que en Vigo obtiveron o mellor resultado de toda España, ademais destacaba a vitoria en concellos como o de Pontevedra e en diferentes vilas: Caldas, Cangas, Catoira, Cuntis, Fornelos, Gondomar, O Grove, Arousa, Moaña, Mos, Nigrán, Ponteareas, Porriño, Redondela, Salvaterra, Tomiño, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía. Sinalaba que o PSOE gaña onde vive o 68% da poboación da provincia

David Regades apuntaba dos 500.000 votos que a agrupación socialista obtivo en Galicia, 200.000 procedían de Pontevedra, un 40%. Pediu ás forzas de esquerdas que reflexionen despois dos resultados deste domingo en referencia á baixada en voto dun 20% que sufría Unidas Podemos. Pediu ao resto de partidos que favorezan a gobernabilidade.