O PSOE provincial defende a chamada á mobilización de Abel Caballero polo novo mapa xudicial

Pontevedra
11 de abril 2014

O secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, Santos Héctor, mantén que o alcalde de Vigo "o que pide é que se retire a lei, o mismo que o Partido Socialista"

Declaracións de Santos Héctor /
Reunión interparlamentaria do PSOE Provincial
Reunión interparlamentaria do PSOE Provincial

"La sede oficial de Pontevedra tiene que ser Vigo y si el proyecto contempla una única sede provincial, tiene que estar en Vigo". Así se manifestou o alcalde de Vigo o pasado luns, cando anunciou unha "gran movilización social" para esixir que a súa cidade sexa a sede do poder xudicial na provincia en caso de saír adiante a reforma proposta polo Goberno.

Agora, a organización provincial do PSOE avalou o rexedor olívico, ao entender que "o que está é a dicir exactamente o que di o Partido Socialista, que é que se retire de forma inmediata esta lei".

Así o entende o secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, Santos Héctor, quen asegura que Caballero "está defendendo a postura do Partido Socialista e tamén está defendendo aos seus cidadáns".

Héctor fixo estas declaracións á conclusión dunha reunión entre os representantes da súa formación nos diferentes parlamentos.

Esa reunión xirou principalmente en torno ao rexeitamento do anteproxecto impulsado polo Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, ao entender que se trata dunha lei que "fai un dano irreversible, é ideolóxica, non aforra nin en recursos nin en cartos e só busca que os cidadans que teñen menos recursos non poidan acudir aos tribunais", concluíu Santos Héctor.