O rei emérito xa se atopa en Sanxenxo para participar na regata Juan Carlos I que empeza este xoves.
Nesta cuarta visita baixou a expectación mediática e a presenza de xornalistas era menor que en anteriores ocasións cando chegou a Nanín, á casa do seu amigo o presidente do Real Club Náutico Pedro Campos.
Nesta ocasión a curiosidade céntrase en saber se haberá un encontro co seu fillo, o rei Felipe VI, que o xoves estará na Toxa para a inauguración do Foro A Toja-Vínculo Atlántico.
Sería unha cita previa ao xa anunciado reencontro con toda a súa familia o próximo 31 de outubro, con motivo dos aniversarios da Princesa Leonor no Palacio do Pardo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.