O Rei Juan Carlos I, fin de semana en Sanxenxo para recibir a licenza de honra de vela

Sanxenxo
22 de abril 2017

O rei emérito recibiu a licenza este sábado nun acto no Real Club Náutico de Sanxenxo. Trátase dunha acreditación entregada a través da Federación Galega de Vela e do Real Club Náutico de Sanxenxo que é necesaria para competir en regatas de ámbito rexional, nacional e internacional 

O Rey Juan Carlos recibe a licenza de honra de vela no Náutico de Sanxenxo
O Rey Juan Carlos recibe a licenza de honra de vela no Náutico de Sanxenxo / Chou Pesqueira

Nova fin de semana do rei emérito en Sanxenxo. Juan Carlos I desprazouse á localidade con motivo da segunda regata do circuíto nacional da clase 6M e o secretario de Estado para o Deporte e presidente do Consello Superior de Deportes, José Ramón Lete, entregoulle a licenza de honra de vela. 

O Rei Juan Carlos I recibiu a licenza este sábado nun acto no Real Club Náutico de Sanxenxo. Trátase dunha acreditación entregada a través da Federación Galega de Vela e do Real Club Náutico de Sanxenxo que é necesaria para competir en regatas de ámbito rexional, nacional e internacional

A entrega realizouse xusto antes de iniciarse a reunión de patróns da frota de 6M que durante esta fin de semana disputan en augas de Sanxenxo a segunda regata do circuíto nacional.

Ademais do rei emérito e de Lete Lasa, tamén estiveron presentes no acto a xecretaria xeral para o Deporte da Xunta, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo -club anfitrión do circuíto de 6M-, Pedro Campos; e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz. Tamén acudiu o alcalde anfitrión, Gonzalo Pita.