O risco de desbordamento do río Lameira obriga a suspender as clases no colexio Sequelo

Marín
08 de xaneiro 2016

O equipo directivo do centro foi consciente do risco  á primeira hora da mañá e avisou aos pais dos escolares para que non levasen aos nenos a clase. A medida obrigou a 260 alumnos do centro e tan só algún descoidado acudiu igualmente ao centro. Nese momento, foi enviado de regreso a casa pois non había actividade lectiva

Paraugas roto nunha papeleira Mónica Patxot

As intensas choivas das últimas horas deixaron incidencias tamén no mundo educativo. Os alumnos do colexio Sequelo de Marín non puideron acudir a clase este venres debido ao risco de desbordamento do río Lameira, que pasa por unha zona moi próxima ao centro e ao pavillón deportivo

Fontes da delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra confirmaron que o equipo directivo do centro foi consciente do risco á primeira hora da mañá e avisou aos pais dos escolares para que non levasen aos nenos a clase. A medida obrigou a 260 alumnos do centro e tan só algún descoidado acudiu igualmente ao centro. Nese momento, foi enviado de regreso a casa pois non había actividade lectiva.

O río Lameira xa afectou de forma negativa á actividade deste colexio marinense con anterioridade.

Ademais, no pavillón contiguo foi necesario realizar obras de mellora e o Concello de Marín contratou a unha empresa especializada para acometer a limpeza do río Lameira, para evitar os efectos de arrastes de pedras e demais elementos que dificultasen a canle e dese lugar a inundacións ou desbordes.