A festa de Samaín Briz, que na súa última edición superou as 3.000 persoas neste recinto de Marín, quere seguir a medrar e para este ano 2023 ábresa a toda a cidadanía.
Para facelo realidade, as concelleiras Marián Sanmartín e Itziar Álvarez mantuvieron unha reunión presencial na Finca de Briz cos colectivos que participan na súa organización: a Fundación Juan XXIII, Os Da Caña, o Club Deportivo La Peña e o Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS) do CEI San Narciso.
Estas entidades son as que se encargan de ambientar todo o recinto, así como de organizar as rutas do medo, pero Sanmartín sinala que o Concello busca "involucrar a toda a sociedade marinense e ás nosas entidades locais na festa", por iso é polo que este ano abren a celebración.
Así, abrirase un período no que todas as entidades que queiran participar e colaborar na festa na tarde-noite do 31 de outubro poderán facelo.
Este ano tamén se abrirá a posibilidade de participar como persoal voluntario a todas aquelas persoas que queiran.
Para facelo, será preciso enviar un correo electrónico a [email protected] indicando nome e apelidos, nome da asociación no caso de que se trate dun colectivo, teléfono de contacto e forma na que cren que poderían axudar (con persoal voluntario para o propio día do evento, poñendo un posto de comida ou bebida, preparando unha estación con decoración de terror...).
O prazo máximo para enviar o email será o 1 de outubro, para que o Concello despois poida filtrar todas as propostas que se reciban e despois contactar e coordinar todas as tarefas.
A concelleira de Festas, como responsable da organización, avanza que están convencidods de que "de novo este ano seremos o epicentro do Samaín en Galicia".
Nas próximas semanas haberá reunións que buscan a coordinación total para evitar, na medida do posible, as colas de espera e medir todo o que ten que ver coa prevención de riscos e seguridade.