Un mes máis, e xa son 41, o colectivo Masa Crítica Pontevedra realizou unha quedada para dar unha volta colectiva á cidade en bicicleta. Pero a cita deste xoves tiña un compoñente especial. Ao coincidir a saída coa festividade do Samaín, os ciclistas que responderon a esta chamada decidiron disfrazarse para a ocasión.
Durante todo o percorrido, que unha vez máis partiu da praza da Peregrina, bruxas, zombis ou fantasmas se deixaron ver sobre dúas rodas polas rúas de Pontevedra.
Masa Crítica Pontevedra busca con este tipo de quedadas en grupo fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte saudable e ecoloxicamente sostible.
Estas saídas seguirán realizándose tamén durante todo o inverno. Serán ás 20.00 horas o último xoves de cada mes, facendo bo o seu lema de "Usa a bici todos os días, celébrao unha vez ao mes".