O Santuario das Aparicións recupera a súa actividade

Pontevedra
11 de maio 2023

Ao cumprirse un ano do inicio das obras de restauración do Santuario do Inmaculado Corazón de María (Casa da Virxe), este mes de maio reabriu as súas portas este centro de peregrinacións, coñecido porque o Vaticano recoñeceu que entre as súas paredes tiveron lugar varias aparicións da Virxe e do Neno Jesús a Sor Lucía

Santuario das Aparicións Parroquia de Santa María la Mayor de Pontevedra

Ao cumprirse un ano do inicio das obras de restauración do Santuario do Inmaculado Corazón de María (Casa da Virxe), este mes de maio reabriu as súas portas este centro de peregrinacións, coñecido porque o Vaticano recoñeceu que entre as súas paredes tiveron lugar varias aparicións da Virxe e do Neno Jesús a Sor Lucía.

O edificio, que padecía graves problemas estruturais, restaurouse cos donativos recibidos a través dunha exitosa campaña de recadación promovida pola Conferencia Episcopal Española. 

En concreto, esta primeira fase supuxo un desembolso próximo ao medio millón de euros. 

Cambiouse a cuberta, reparando tamén a terraza, tamén se substituíron todos os forxados e colocado novas vigas para reforzar a estrutura do inmoble. A maiores, entre outros arranxos, esta primeira fase tamén incluíu traballos de fontanería, calefacción e instalación eléctrica. 

A capela da planta inferior xa se atopa en uso. Agora, queda pendente a tramitación e execución da segunda fase, que ten como obxectivo crear unha gran capela no espazo onde se atopaba a cela de Sor Lucía, ademais doutros traballos de carpintería e aseos na primeira planta. Trátase dunha reforma menor, valorada nuns 250.000 euros. 

O horizonte co que se traballa para poder terminados estes traballos, é o ano 2025, cando se celebre o centenario das aparicións da Virxe María.

A Arquidiocese de Santiago de Compostela colabora na xestión da Casa da Virxe, que se atopa baixo a atención de tres irmás do Instituto Servidoras do Señor e a Virxe de Matará

Por outra banda, entre os días 23 e 25 de xuño, Pontevedra acollerá a celebración da Asemblea Nacional de Apostolado Mundial de Fátima, que reunirá nesta cidade aos representantes deste Apostolado nas diferentes dioceses españolas.