O secretario do Pleno tomba as propostas da oposición para retomar o PXOM

Pontevedra
13 de agosto 2015

A concelleira Carme da Silva indica cualifica de "demoledor" o informe do técnico en relación coa proposta de contactar coa empresa redactora do proxecto para retomar o Plan e en canto a creación dunha subcomisión para tratar este tema  

Carme da Silva, concelleira de Urbanismo, le o informe do Secretario sobre as propostas da oposición
Carme da Silva, concelleira de Urbanismo, le o informe do Secretario sobre as propostas da oposición / Mónica Patxot
Carme da Silva alerta á oposición para que consulte os técnicos antes de presentar propostas plenarias /

O secretario do Pleno municipal emitiu un informe no que alega diferentes motivos para que non avancen as propostas realizadas por Marea Pontevedra e polo PSOE en relación coa recuperación do proceso de redacción, aprobación e posta en marcha dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se apoiou no pleno por todos os grupos da oposición ao goberno local.

Carme da Silva, a concelleira de Urbanismo, cualificou de "demoledor" este documento técnico no que rexeita a idea de establecer contacto coa empresa redactora do PXOM para aproveitar os traballos realizados debido a que non é necesario chegar a un acordo cunha empresa porque os traballos son xa de propiedade municipal. "É o Concello quen ten a súa propiedade" indicou a concelleira.

En relación coa subcomisión que se formulaba crear non é procedente legalmente, formalmente nin por contido porque non se considera en ningunha normativa a creación dunha subcomisión e ademais con competencias económicas. Desta forma, o secretario indica que dende o punto de vista xudicial non é executable.

"Non se poden ter ocorrencias deste tipo" indicou Carme da Silva que insistiu en que todos os técnicos do Concello están a disposición dos concelleiros de todas as forzas políticas para ter coñecemento que lles permita levar a cabo propostas pero "parece que non queren utilizar este tipo de recursos e despois levan cousas a pleno que non se poden despois efectivizar porque carecen de fundamento legal, formal, etc".