O Sergas mantén que a praza de pediatría de Cuntis "dirimirase en breve"

Umia
04 de xaneiro 2024

Así llo asegurou o xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, ao alcalde de Cuntis e os portavoces municipais do resto de grupos da corporación nunha reunión telemática 

Centro de saúde de Cuntis
Centro de saúde de Cuntis / Concello de Cuntis

Responsables do Concello de Cuntis co alcalde Manuel Campos á cabeza xunto aos portavoces do resto de grupos municipais da corporación, Isabel Couselo e Natalia Camiña, mantiveron unha reunión telemática co xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores.

O motivo do mesmo era analizar a situación actual da atención sanitaria no municipio.

Como punto principal de atención aparecía a situación contractual dos profesionais que prestan servizo no centro de saúde de Cuntis, con especial interese na praza de pediatría necesaria para restablecer a correcta atención da poboación.

Neste sentido o xerente insistiu que a praza pediátrica "dirimirase en breve procedente da OPE por concurso de méritos".

Ademais a reunión serviu para analizar a situación do Punto de Atención Continuada (PAC) de Caldas de Reis, servizo de urxencias ao que deben acudir en caso necesario os veciños de Cuntis. En relación ao PAC, José Flores mantivo que se completará o persoal do centro con cinco médicos durante o actual mes de xaneiro.