O soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro obriga a pechar Os Campos

Pontevedra
09 de xuño 2018

O avance das obras de soterramento da liña de alta tensión en Monte Porreiro obriga ao peche a rúa dos Campos, o acceso e saída sur do barrio, durante cando menos tres semanas. De cara a este peche, que terá lugar o luns 11 de xuño ás 9.30 horas, habilitarase un circuíto de mobilidade alternativo

Plan de tráfico nos Campos polo peche temporal da rúa
Plan de tráfico nos Campos polo peche temporal da rúa /

O avance das obras de soterramento da liña de alta tensión en Monte Porreiro obriga ao peche a rúa dos Campos, o acceso e saída sur do barrio, durante cando menos tres semanas.

De cara a este peche, que terá lugar o luns 11 de xuño ás 9.30 horas, habilitarase un circuíto de mobilidade alternativo.

De acordo cos cambio de mobilidade deseñado e supervisado pola Policía Local o acceso á zona terá que realizarse dende a zona norte, é dicir pola avenida de Bos Aires e a Ponte das Palabras.

Ademais aconséllase aos condutores de paso polo eixo norte a sur e viceversa que opten por circunvalar a zona por Santa Margarita, rúa da Seca, Xosé Malvar, Ponte dos Tirantes, Alexandre Bóveda e avenida de Compostela. 

A rúa dos Campos queda pechada a circulación para todos agás para os residentes

Haberá un amplo dispositivo de sinalización regulamentaria e informativa con paneis arredor da obra así como por todo o barrio, que alertará á poboación de Monte Porreiro e á xente que se achegue á zona da situación. 

Este é o segundo peche de rúa e circuíto alternativo de mobilidade que se vai a despregar no barrio polas obras de soterramento. O primeiro, que afectou á rúa Portugal e contorna, estivo activo do 28 de maio ata o pasado venres.