O Stock Marín contará cun itinerario regulado para evitar aglomeracións nesta nova feira de oportunidades

Marín
06 de xullo 2020

Este luns vai manterse un encontro da Mesa Local de Comercio presidida por María Ramallo, alcaldesa de Marín, para establecer as bases de cara á regulación dos eventos previstos para os vindeiros meses

Alameda de Marín Concello de Marín

Este luns a Mesa Local do Comercio de Marín mantiña un encontro coa presenza da alcaldesa María Ramallo; a concelleira de Comercio e Turismo, Cristina Acuña e representantes dos grupos políticos da corporación e dos colectivos CCA Estrela de Marín e da asociación de comerciantes de Seixo, Acemas.

O tema central deste encontro centrouse nas normativas que se van a manter durante a feira I Stock Marín, prevista para o 31 de xullo, 1 e 2 de agosto, na Alameda. Está prevista a instalación de 14 haimas e os organizadores queren manter as medidas sanitarias establecidas polo Instituto  Galego de  Seguridade e  Saúde Laboral. 

Por este motivo, está prevista un control das visitas a través dun itinerario marcado no que as persoas deberán realizar o percorrido deixando as haimas á súa dereita. Estableceranse dous puntos, un de entrada e outro de saída, situados nas partes centrais da Alameda cun servizo de seguridade que controle o acceso e lembrarán aos visitantes o uso obrigatorio da máscara protectora e da utilización do xel  hidroalcohólico, con dous  dispensadores industriais.

Desde  CCA  Estrela de Marín indicouse que van poñer en marcha un proxecto para incentivar o consumo e a dinamización desta zona comercial coa potenciación das webs www.vodas.es e www.estrelademarin.gal

Tamén está previsto fomentar campañas como Black Friday e a de Nadal, primavera e San Valentín para aumentar o consumo nos comercios locais. Do mesmo xeito que se quere promover a venda dos produtos da praza de abastos a través de www.mercadomarin.com