Este 25 de xullo non haberá repartición de bandeiras nin a romaría de Trompos os Pés no Concello de Marín

Marín
22 de xullo 2020

A celebración do Día de Galicia farase coa difusión en redes sociais dun vídeo recompilatorio de conmemoracións pasadas e unha actuación musical na Alameda

Celebración da romaría do 25 de xullo en Marín
Celebración da romaría do 25 de xullo en Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín tamén modifica este 2020 a celebración do Día de Galicia e este mércores avanzaba que previu para conmemorar este próximo 25 de xullo. 

Así, queda suspendida a tradicional repartición de bandeiras de Galicia que nesta data realiza a administración local entre a cidadanía e igualmente non se desenvolverá a romaría de Trompos os Pés que tiña lugar na Alameda e onde se instalaban postos de artesanía e ofrecíanse actuacións, xogos populares e unha queimada. No seu lugar está previsto que a agrupación folclórica ofreza nese emprazamento, a Alameda e inmediacións, unha actuación a partir das 21.00 horas.

Ademais, desde o Concello de Marín elaborouse un vídeo conmemorativo para este 25 de xullo que se compartirá a partires do sábado nas redes sociais municipais. Nesta peza audivisual recompiláronse imaxes antigas da celebración de Día de Galicia no municipio marinense.