O "tapón" nas Urxencias de Montecelo, a debate no Parlamento de Galicia

Pontevedra
01 de agosto 2019

Patricia Vilán, deputada do PSOE, promove unha serie de iniciativas sobre o colapso do servizo de Urxencias ante o goberno da Xunta e sinala como principais motivos desta situación á falla de persoal médico e o peche de camas por parte da consellería de Sanidade

A deputada socialista Patricia Vilán durante unha comisión parlamentaria
A deputada socialista Patricia Vilán durante unha comisión parlamentaria / Parlamento de Galicia

A deputada parlamentaria do PSOE Patricia Vilán presentou no Parlamento de Galicia unha serie de iniciativas relacionadas coa situación de "colapso do servizo de Urxencias" que se rexistrou durante a fin de semana no Hospital Montecelo

A representante socialista considera que este problema derívase da negativa da xerencia e da Consellería de  Sanidade a reforzar o persoal, ademais do "inexplicable" peche de camas hospitalarias.

Patricia Vilán explica tamén que a falta de persoal nos centros de saúde e nos Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria provoca o desprazamento dos pacientes ao servizo de urxencias do Hospital Montecelo. A este incremento súmase o "tapón" que provoca o peche de camas en planta, de forma que os pacientes atópanse no servizo á espera de que se poida realizar o ingreso.

Segundo o venres, a situación colapsaba o venres 26, segundo explican os socialistas, cando pacientes con necesidades prioritarias agardaron 6 horas para ser atendidos. Ás 22.00 horas atopábanse 49 persoas pendentes de pasar a un box de Urxencias.

Durante o sábado, segundo denuncian desde o PSOE, a situación repetiuse con 61 pacientes acudindo a Urxencias desde as 10.00 horas ata o inicio da tarde.

Patricia Vilán pide á Consellería de Sanidade a apertura das camas pechadas e a contratación de máis persoal de maneira definitiva. Considera, ademais, "imposible de crer" o comunicado emitido pola xerencia no que sinalaban que o domingo quedaban 11 camas libres en área médica nos hospitais provinciais e en Montecelo, ademais de 6 de críticos, 4 de coronarias, 15 de obstetricia e 28 de pediatría e 11 camas cirúrxicas.