O total de casos activos na área sanitaria é de 1.247 persoas, 7 menos que o luns

Pontevedra
10 de novembro 2020

Nos hospitais da área sanitaria hai 80 pacientes ingresados con covid-19. 75 deles están en plantas de hospitalización, repartidos entre Montecelo, o Hospital do Salnés e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. Otras cinco persoas están na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo

Xente paseando pola rúa con máscara
Xente paseando pola rúa con máscara / Mónica Patxot

Este martes 10 de novembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantéñense 75 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización. Hai 53 persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 21 no Hospital do Salnés.

Ademais hai 5 pacientes con coronavirus na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo.

Así mesmo, permanecen 1.167 casos covid evolucionando en domicilio.

O total de casos activos na área sanitaria é de 1.247 persoas, son sete menos que onte luns.

Desde o inicio do plan de continxencia do coronavirus curáronse 2.889 pacientes. Nas últimas 24 horas curáronse 51 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 39 pacientes, o último, este luns, en Montecelo un home de 68 anos que presentaba patoloxías previas.

En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 418, que se engaden ás 73.396 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.