O tríatlon obriga a trasladar Ponte Coqueta á praza da Peregrina

Pontevedra
22 de agosto 2018

Ponte Coqueta traslada as actividades do seu día grande, o sábado 25 de agosto, á praza da Peregrina con motivo da proba de tríatlon que acolle a cidade

Feira vintage de Ponte Coqueta en Curros Enríquez
Feira vintage de Ponte Coqueta en Curros Enríquez / PontevedraViva

Ponte Coqueta traslada as actividades do seu día grande, o sábado 25 de agosto, á praza da Peregrina con motivo da proba de tríatlon que acolle a cidade.

Será neste escenario, e non no tradicional, a praza de Curros Enríquez, onde veciños e visitantes poderán gozar da música, dos bailes e do mercado de ultramar que nos leva aos tolos anos 20-30 do século pasado, o leiv motiv da cita.

O traslado permitirá darlle maior vistosidade se cabe a Ponte Coqueta nunha xornada na que o tríatlon ocupará tamén as rúas do casco histórico e conxugar mellor o desenvolvemento de actividades lúdico e deportivas que ocupan o espazo público coa actividade hosteleira e comercial.

Ponte Coqueta, que na súa terceira edición está adicado á radio, arrancou o pasado luns coa inauguración dunha mostra de vellos aparatos na Casa da Luz.