O verán chama ás portas de Bueu coa apertura da Oficina de Turismo

Bueu
17 de xuño 2023

A información turística darase nesta sede en horario de 10.00 a 15.30 horas todos os días, agás os martes. Nesta xornada tamén se celebrou a mesa de contratación do servizo de socorrismo, que comezará a súa actividade no inicio de xullo nas cinco praias de Bandeira Azul do Concello

Oficina de Turismo de Bueu
Oficina de Turismo de Bueu / Turismo de Galicia - Arquivo

Xa se atopa en funcionamento a Oficina de Turismo de Bueu, situada na Casa do Concello. Os visitantes serán atendidos entre as 10.00 e as 15.30 horas todos os días da semana, salvo os martes. O servizo manterase operativo hasta o mes de setembro.

Ao mesmo tempo, acométense obras nos diversos areais para mellorar as pasarelas de acceso, coidado das casetas de socorrismo e limpeza da contorna natural das praias. Tamén se están rozando os viais de titularidade municipal e espazos públicos, segundo informa o Concello.

Ademais, este venres celebrábase a mesa de contratación na que se propuxo adxudicar á empresa Offshore Special Services o servizo de socorrismo e salvamento nas praias de Banda do Río, Lapamán, Portomaior, Area de Bon e Lagos, todas elas con Bandeira Azul. 

O servizo de socorrismo poñerase en marcha en xullo e está previsto que a próxima semana anúncianse diversas actividades de lecer para o verán tanto para público adulto como infantil, incluíndo roteiros de sendeirismo e citas gastronómicas.