O xeneral xefe da Brilat, membro de honra dos Mareantes

Pontevedra
19 de setembro 2017

O xeneral xefe da Brilat, Antonio Romeu Losada foi nomeado membro de honra do Gremio de Mareantes a quen tamén lle entregaron unha medalla "como recuerdo agradecido" dos pontevedreses

O xeneral xefe da Brilat, membro de honra dos Mareantes
O xeneral xefe da Brilat, membro de honra dos Mareantes / Mónica Patxot

O xeneral xefe da Brilat, Antonio Romero Losada, foi nomeado membro de honra do Gremio de Mareantes. Tamén lle entregaron unha medalla "como recuerdo agradecido" dos pontevedreses.

"Le damos nuestra más cordial bienvenida y deseamos muchos éxitos en su nada fácil singladura, para llevar a buen puerto la nave de esta prestigiosa unidad del Ejército español a la que ahora toca capitanear", dixo no seu discurso o presidente do Gremio, José Luis Arellano.

O acto celebrouse este martes na sede do gremio nas Corbaceiras e foi descrito como un "modesto homenaje".