Obxectivo cumprido: Campo Lameiro será a Capital do Turismo Rural 2023

Umia
27 de abril 2023

Campo Lameiro está de parabéns. O municipio acaba de converterse no primeiro concello galego en ser elixido como Capital de Turismo Rural. Así o decidiu o público que, cos seus votos, participou no certame organizado por EscapadaRural

Campo Lameiro
Campo Lameiro / Concello de Campo Lameiro

Campo Lameiro está de parabéns. O municipio acaba de converterse no primeiro concello galego en ser elixido como Capital de Turismo Rural. Así o decidiu o público que, cos seus votos, participou no certame organizado por EscapadaRural.

Esta vila pontevedresa foi a preferida pola inmensa maioría dos visitantes deste portal especializado en turismo rural e substituirá a Cazorla (Xaén) como referencia do turismo rural en todo país. Logrou o 16,9% dos votos fronte o 16% de Candeleda (Ávila). Gozará do seu título durante todo un ano.

"Grazas aos nosos veciños por presumir de concello, por saber trasladar o que somos, por conservar o que fomos e por proxectar coa vosa ilusión e o voso agarimo o que podemos chegar a ser", manifestou o Concello de Campo Lameiro tras a súa elección.

O goberno municipal celebra que este éxito "fixémolo xuntos sen perder a nosa esencia" e agradece tamén todo o apoio recibido "desde absolutamente todos os ámbitos".

Ademais, Campo Lameiro sostén que foi unha "inmensa honra" compartir esta aventura con Candeleda (Ávila), Zerain (Guipúscoa), Colmenar de Oreja (Madrid), Nalda (A Rioxa), Bocairent (Valencia), Elche de la Sierra (Albacete), Segura de León (Badaxoz) e Ricote (Murcia).

Todos eles son "tesouros da nosa xeografía que vos animamos a visitar".