Obxectivo de AJE: aumentar a supervivencia das novas empresas

Pontevedra
05 de xuño 2017

España ten un índice de mortaldade das empresas que supera con moito a media tanto da Unión Europea como dos países da OCDE. Un 20% delas non superan o primeiro ano de vida, e case o 50% desaparecen antes de cumprir os tres anos de andaina

Norberto Penedo, Marcos Balboa e Pablo Fernández
Norberto Penedo, Marcos Balboa e Pablo Fernández / Mónica Patxot

España ten un índice de mortaldade das empresas que supera con moito a media tanto da Unión Europea como dos países da OCDE. O 80 por cento das novas empresas, creadas por mozos emprendedores, "falecen" no seu primeiro ano de vida.  Un dato desmotivador contra o que a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra decidiu tomar medidas.

Co obxectivo de mellorar a supervivencia das empresas este luns arrancou o curso "Da idea ao proxecto" que dotará aos emprendedores de ferramentas para saber desenvolverse e cometer menos erros no difícil camiño que vai de ter unha idea para poñer en marcha un proxecto.

Un programa formativo de 30 horas de carácter gratuíto que por primeira acometen todas as Asociacións de Xóvenes Empresarios de Galicia segundo explicaron en rolda de prensa o presidente de AJE Galicia (FEGAXE), Marcos Balboa; o director Area Competitividade IGAPE, Norberto Penedo e o presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández.

O curso desenvolverase en sete módulos de 4 horas cada un e 2 horas de networking de peche do programa.

O obxectivo final que pretenden os organizadores é reducir este fracaso na xestión que leva á quebra á maior parte das empresas.