Ofertas en comercios e actividades infantís para celebrar o Día da Nai en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
04 de maio 2017

A campaña do Día da Nai celebrarase o próximo 6 de maio, coa instalación de inchables e obradoiros para os máis cativos

Ponte Caldelas presenta a campaña do Día da Nai
Ponte Caldelas presenta a campaña do Día da Nai

Para celebrar o Día da Nai os comercios de Ponte Caldelas prepararon unha xornada especial o próximo 6 de maio, con prezos especiais e actividades para os pequenos co obxectivo de que os maiores poidan realizar compras con maior comodidade.

A Alameda da localidade contará coa instalación de inchables e a realización de obradoiros de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:30 horas.

A xornada, organizada pola Asociación de Comerciantes (Coempo) e o Concello, concluirá coa representación da obra teatral 'O anel máxico' no auditorio do colexio Cordo Boullosa.

PREMIOS AO CARTEL E FOTOGRAFÍAS DA FESTA DA TROITA

Os gañadores do concurso de carteis e fotografía da LI Festa da Troita recibiron este xoves os seus premios e a felicitación do goberno local, que se declarou "satisfeito" coa calidade dos traballos presentados.