Ollo coas planchas da cuberta do Pavillón!

Pontevedra
31 de xullo 2016

Por motivos que se descoñecen, algúns ferros soltáronse e había risco de que caesen ao chan, de modo que os bombeiros, alertados pola Policía Local de Pontevedra, acudiron ao lugar para retirar as mási inseguras e, desta forma, garantir a seguridade na contorna  

Intervención dos bombeiros por desprendementos no Pavillón dos Deportes

Efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir de urxencia na tarde deste sábado en Pavillón Municipal de Deportes ante o desprendemento de parte da cuberta, para evitar potenciais situacións de perigo. 

Por motivos que se descoñecen, algúns ferros soltáronse e había risco de que caesen ao chan, de modo que os bombeiros, alertados pola Policía Local de Pontevedra, acudiron ao lugar para retirar as mási inseguras e, desta forma, garantir a seguridade na contorna. 

O pavillón está este verán en obras co obxectivo de renovar a cuberta e instalar unha nova que siga o deseño inicial do arquitecto Alejandro de la Sota. Para iso, é necesario desmontar a vella, fabricar unha nova e instalala, de modo que o prazo de execución inicial previsto era de dous meses, isto é, polo menos ata o mes de setembro.