Ons rexistra un crecemento "excepcional" de gaivotas patiamarelas

Bueu
16 de xullo 2026

Sálvora mantense como o núcleo de maior actividade reprodutora, en Cíes o incremento permanece estable e Cortegada segue sendo a zona con menor presenza desta ave

Gaviota patiamarela
Gaviota patiamarela / Xunta de Galicia

A gaivota patiamarela rexistrou un notable incremento no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia cun aumento do 35,5% no último ano.

O maior crecemento porcentual produciuse en Ons, onde a poboación estimada aumentou un 71,3%, ao pasar de 659 a 1.129 parellas.

Sálvora, pola súa banda, mantense como o arquipélago con maior volume de poboación e como o núcleo con máis actividade reprodutora, con 3.707 parellas.

No caso de Cíes o incremento permanece estable e Cortegada segue sendo a zona con menor presenza de gaivota patiamarela.

Este último censo reflectiu 6.072 parellas fronte ás 4.480 contabilizadas no período anterior, o que supón o maior incremento rexistrado nos últimos anos para esta especie no espazo protexido.

Estes datos foron expostos durante a reunión do padrón do parque nacional, no que participou a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz.

A directora expuxo os principais resultados do seguimento destas aves, á vez que puxo en valor este territorio como un dos refuxios máis importantes para as aves mariñas do norte peninsular.

No padroado, abordouse tamén a proposta da oitava reserva da biosfera Rías Baixas, que ten como núcleo principal o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e estende o seu ámbito territorial desde O Porto do Son ata Baiona.

Ademais, tratáronse os informes sobre as actividades desenvolvidas en materia de conservación da biodiversidade e sobre as últimas prospeccións arqueolóxicas en Cíes e en Ons.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora