Operación de limpeza no lateral dos edificios da avenida das Corbaceiras

Pontevedra
23 de novembro 2022

A limpeza realizarase na madrugada do xoves 24. A zona de estacionamento permanecerá valada dende esta tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal

Máquina de varrer PontevedraViva

Esta semana desenvólvese unha nova operación de limpeza por parte da concellería que xestiona o concelleiro Raimundo González. Nesta ocasión, acometerase no lateral dos edificios da avenida das Corbaceiras.

Esta limpeza realizarase na madrugada do xoves 24. A zona de estacionamento permanecerá valada desde esta tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados na zona serán retirados polo guindastre municipal.

Os traballos desenvolveranse con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beira como na beiravía e na calzada, polo que a concellería de Limpeza Viaria solicita a colaboración dos residentes e tamén dos condutores para garantir un bo resultado neste operativo. Ademais, piden desculpas desde o Concello polos inconvenientes que se poidan ocasionar por estes labores.