Operativo de tráfico pola Pedalada do domingo

Pontevedra
24 de abril 2014

O domingo 27 de abril celebrase na cidade de Pontevedra unha nova edición da ⿿Pedalada⿝, dentro do programa de Pontenbici

Policía Local durante a Pedalada Juan Mejuto

Dentro do programa de Pontenbici que se ven desenvolvendo nesta cidade (do 21 ao 27 de abril), o domingo 27 de abril celebrase a convocatoria anual da marcha ciclista familiar pola cidade, a coñecida como "Pedalada".

O desenvolvemento desta actividade obriga á Policía Local de Pontevedra a adoptar medidas de tráfico en prol da seguridade dos participantes, realizando cortes puntuais.

A Pedalada iniciase coa concentración por parte dos ciclistas na Praza de España a partir das 10:30 horas, para comezar o percorrido as 11:00 horas.

Praza España- Marqués de Riestra ⿿ Augusto González Besada ⿿ Praza Galicia ⿿ Andres Mellado ⿿ Peregrina ⿿ Xermán Adrio- Eduardo Pondal ⿿ Texoeira ⿿ Xoaquín Costa ⿿ Estrada ⿿ Rodríguez Seoane ⿿ Doutor Loureiro Crespo ⿿ Benito Corbal ⿿ Cobián Roffignac ⿿ Padre Amoedo ⿿ Serra ⿿ Rúa Ponte ⿿ Barón ⿿ Arcebispo Malvar e remate en Praza de España.

A duración da proba será aproximadamente dunha hora.

Co fin de que os cortes de tráfico sexan o menos lesivos para o tráfico rodado, a Policía Local fará agrupamento dos ciclistas, co fin de que vaian o máis agrupados posibles, en diversos puntos do percorrido.

Na medida do posible, a Policía Local de Pontevedra solicita a colaboración dos condutores tratando de evitar a circulación polo itinerario, especialmente pola zona norte da cidade, e entre as 11 e 12 horas.