Operativo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina a partir do martes 8 de agosto

Pontevedra
05 de agosto 2023

A rúa Alameda quedará pechada o día 8 ás 23.00 horas. Previamente será colocada a sinalización con valados de prohibido estacionamento nas rúas Xeneral Martitegui (a partir do 7 de agosto ás 15,00 horas) e rúa Alameda (a partir do día 7 de agosto ás 21.00 horas)

Feriantes montando as atraccións para as Festas da Peregrina Mónica Patxot

Coa chegada das Festas da Peregrina establécese un operativo de tráfico na mesma liña de anos anteriores, segundo anunciaba este venres Eva Vilaverde, alcaldesa en funcións e portavoz do goberno local.

A Rúa Alameda quedará pechada ao tráfico o martes 8 de agosto a partir das 23.00 horas. Instalaranse previsamente sinalizacións con valos de prohibición de estacionamento en Xeneral Martitegui, a partir do 7 de agosto ás 15.00 horas, e na rúa Alameda, a partir do 7 de agosto ás 21.00 horas.

O peche de Alameda e Raíña Vitoria supón unha modificación de sinais e cambios de sentido de circulación noutras rúas. Quedarán da seguinte forma:

  • Rúa Echegaray: restrínxese a circulación salvo residentes e servizos. O acceso realizarase por Maestranza, fronte á fachada principal da Facultade de Belas Artes e Centro de Saúde Virxe Peregrina.
  • Xeneral Martitegui: Invístese a dirección de Xeneral Martitegui, co fin de permitir o acceso a Maestranza - Echegaray, e aparcamento Praza España.
  • Rúa San Roque: Restrínxese o tráfico de acceso desde Corbaceiras ata a Alameda, salvo residentes. Desde Paseo Colón haberá dirección obrigatoria cara a Corbaceiras, salvo no entrada aparcamento subterráneo (acceso a Raíña Vitoria).

Outros cambios: 

Trasládase a Parada de Taxis a Xeneral Martitegui, na marxe esquerda segundo o novo sentido de circulación. Marxe dereita: zona de carga e descarga; zona de servizos e reserva de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, preto da Alameda.

Por outra banda, estes serán todos os puntos de corte ou desvíos mentres duren as Festas dá Peregrina:

  • Punto 1:  (Glorieta Paseo Colon – Raíña Vitoria): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda "agás Aparcadoiro".
  • Punto 2: (Glorieta Paseo Colon – Alameda): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda "agás garaxes"
  • Punto 3: (Alameda – E. Marescot): Valos de peche de rúa con sinal de entrada prohibida e sinal de dirección obrigatoria á dereita (E. Marescot).
  • Punto 4: (Corbaceiras – San Roque): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda "agás residentes e servizos"

DISPOSITIVO DE TRÁFICO O DOMINGO 6 DE AGOSTO

O domingo 6 de agosto con motivo da celebración da corrida taurina na Praza de San Roque establécese un operativo especial da Policía deixando os arredores do coso para a celebración en condicións de seguridade.

Desde as 08.00 horas do día 6 prohibirase o estacionamento nas rúas próximas á Praza de Touros: Víctor Said Armesto, Campo da Torre e Nostradamus Lourido.

Desde as 18.00 horas da tarde serán de uso peonil: Alameda, Raíña Vitoria e parte de Paseo de Colón e San Roque, tamén das vías que rodean a praza e outras menores.

Estableceranse 25 valos con sinalización provisional. A avenida de San Roque cortarase en As Corbaceiras en sentido subida, do mesmo xeito que Víctor Said Armesto e outras menores que dan acceso á Praza de Tourso.

Tamén se cortará o Paseo de Colón á altura da Rúa Monteleón, de tal forma que os vehículo que circulen por esta vía desde a Ponte da Barca, deben dirixirse á Avenida de Uruguai. Os vehículos que circules pola Avenida de Uruguai pola rúa irmáns Nodais, terán que regresar a Corbaceiras por San Roque.

Reforzaranse os servizos da Policía Local respecto a os habituais de tarde e noite para que tanto a celebración das festas de penas como no recinto taurino transcorran con tranquilidade. Tamén están previstos reforzos da Policía Nacional, con quen se coordina os operativos.