Operativo especial de tráfico o venres 18 de agosto pola Batalla de Flores

Pontevedra
15 de agosto 2023

Por mor da tradicional celebración a Policía Local de Pontevedra procederá ao corte de tráfico rodado nas rúas Xosé Malvar (tramo rotonda Valdecorvos e Loureiro Crespo), Benito Corbal, Cobián Roffignac e Padre Amoedo

Batalla de flores 2022
Batalla de flores 2022 / Cristina Saiz

Pontevedra vivirá o vindeiro venres 18 de agosto una das citas imprescindibles das Festas da Peregrina, coa tradicional Batalla de Flores.

Este evento ocasionará cortes de tráfico e restricións de estacionamento en varios puntos da cidade, polo que a Policía Local de Pontevedra elaborou un dispositivo especial de seguridade.

En concretro a partir das 16.30 horas procederase ao corte de tráfico da rúa Xosé Malvar (tramo entre Rotonda Valdecorvos e Loureiro Crespo), ao ser a zona na que se concentrarán as carrozas participantes no desfile.

Máis tarde, ás 18.30 horas, cortaranse ademais as rúas do percorrido e adxacentes, como son Benito Corbal, Cobián Roffignac e Padre Amoedo.

A maiores tamén se producirán restricións de estacionamento. Serán a partir das 8.00 horas en Xosé Malvar, a partir das 14.00 horas en Loureiro Crespo e Benito Corbal e ás 16.30 en Cobián Roffignac e Padre Amoedo.

Ante esta situación a Policía Local recomienda itinerarios alternativos para moverse polo centro urbano. Así o tráfico procedente de Avenida de Lugo cara ao centro cidade recomendarase que circule por Virxina Pereira, San Mauro e Ernesto Caballero cara a Valdecorvos, mentres que o tráfico procedente da Ponte dos Tirantes cara a Xosé Malvar será desviado pola urbanización Valdecorvos.