Os abolicionistas piden a César Abal que pregunte polas axudas da Deputación á festa taurina

Pontevedra
22 de agosto 2014

A plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' interpela o concelleiro do Partido Popular para que difunda os datos provinciais e denuncie a opacidade da institución provincial en relación coas axudas ás corridas de touros

Protesta antitouradas
Protesta antitouradas

A Plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' vai presentar unha petición de investigación no Consello de Contas sobre o diñeiro público empregado para subvencionar as corridas de touros e solicita ao concelleiro do PP, César Abal, que dedique os seus esforzos a "denunciar a opacidad da Deputación de Pontevedra" en relación con este tema.

O portavoz dos abolicionistas, Rubén Pérez, a través dun comunicado sinala que a institución provincial gobernada polo PP non publicou os datos reais de apoio ás festas taurinas en municipios como Pontevedra e só fixéronse públicas as axudas de 50.000 euros que, durante dous anos, outorgou o Patronato Rías Baixas para colocar publicidade na praza de touros ou os 8.000 euros concedidos a unha pena taurina. Sinala, ademais, que o organismo turístico chegou a financiar abanicos promocionales dentro do coso de San Roque.

O colectivo abolicionista recomenda ao concelleiro popular, César Abal, que "deixe de facer demagoxia sobre o apoio ás touradas, onde o PP non representa exemplo algún para as galegas e galegos, que segundo as enquisas rexeitan ampliamente a celebración de espectáculos tauromáquicos cun 86% de oposición da poboación".

A petición que este grupo promueve para solicitar a rescisión do acordo bianual de 95.000 euros do Concello de Pontevedra coa empresa propietaria da Praza de Touros de Pontevedra suma máis de 20.000 firmas.