Os Bombeiros sufocan un conato de incendio nunha nave abandonada en Mollabao

Pontevedra
17 de setembro 2017

A alarma saltou pouco antes da medianoite deste sábado. O lume iniciouse nun colchón no interior da nave pero foi rapidamente sufocado sen maiores consecuencias. É a segunda vez en poucos meses que se produce unha incidencia similar nos antigos talleres Pazó

Conato de incendio na nave dos antigos talleres Pazó, en Mollabao
Conato de incendio na nave dos antigos talleres Pazó, en Mollabao / Diego Torrado

Os Bombeiros de Pontevedra sufocaron este sábado un conato de incendio declarado nunha nave industrial abandonada en Mollabao.

Trátase do local que ocupaban os antigos talleres Pazó.

Pouco antes da medianoite os efectivos de emerxencia desprazáronse ata o lugar alertados pola saída de fume. 

Unha vez no interior comprobaron que se estaba iniciando un lume nun colchón, procedendo a sufocalo sen maiores consecuencias.

É a segunda vez en poucos meses que se procude un suceso similar nesta nave, na que se ten constancia da presenza de 'okupas'.