Os bombeiros de Pontevedra sufocaron un novo incendio no muíño abandonado de Ponte Boleira, localizado no paseo fluvial dos Gafos.
O suceso tivo lugar este domingo ás 18.50 horas, segundo informou a Policía Local.
Foi un particular o que alertou do lume. As primeiras hipóteses sobre a orixe do incendio apuntan a un descoido ao acender unha fogueira. Ao inmoble acoden indixentes e toxicómanos, segundo denunciaron os veciños.
O muíño pertence ao Concello de Pontevedra que o mantén tapiado á espera de executar un proxecto de rehabilitación.