Os cambios na feira, un "cachondeo" para o PP, que opta porque siga na Alameda tras as festas

Pontevedra
12 de xullo 2023

O líder dos populares reclama ao goberno municipal que "tienen que ser serios", xa que os continuos cambios de emprazamento "son un cachondeo", especialmente porque poderá volver modificarse se finalmente hai un acordo de goberno entre socialistas e nacionalistas

Primeiro día da feira ambulante na Alameda
Primeiro día da feira ambulante na Alameda / Cristina Saiz

O novo traslado da feira ambulante, de novo á súa anterior localización en Rafael Areses, ao non poñer manterse na Alameda durante as Festas de Verán, a Feira Franca e a gran final das Series Mundiais de tríatlon, volveu a xerar unha gran polémica.

Se xa desde o PSOE, impulsor de traer a feira ao centro, criticouse esta decisión, o PP sumouse este mércores a este malestar. Aínda que entenden que os eventos impiden que a feira se manteña na Alameda, optan porque tras elas volva ocupar este espazo.

"Lo que es un éxito, es un éxito", asegurou Rafa Domínguez, que recoñeceu que nun primeiro momento era escéptico con esta localización para o mercado "pero constaté que fue un éxito de público y de ventas", polo que agora defende a idoneidade da Alameda.

Aínda que advirte que "hay que pulir flecos" que non funcionan, Domínguez sostén que "me da rabia" que o BNG opte por trasladar a feira "por una cuestión política" e esixe que o alcalde desvele se este novo cambio "es permanente o no".

O líder dos populares reclama ao goberno municipal que "tienen que ser serios", xa que os continuos cambios de emprazamento "son un cachondeo", especialmente porque poderá volver modificarse se finalmente hai un acordo de goberno entre socialistas e nacionalistas.

A feira, sentenciou o portavoz do PP, "no puede estar a expensas de las peleas de los políticos".