Os coches clásicos causan sensación domingueira

Pontevedra
11 de setembro 2022

A Praza de España acolleu este domingo 11 de setembro a cuarta edición da concentración de vehículos clásicos e antigos Cidade de Pontevedra, unha exhibición organizada polo club de Amigos dos Vehículos Antigos

Concentración de vehículos clásicos e antigos na praza de España Concello de Pontevedra

A Praza de España acolleu este domingo a cuarta edición da concentración de vehículos clásicos e antigos Cidade de Pontevedra, unha exhibición organizada polo club de Amigos dos Vehículos Antigos que este ano, aproveitando o bo tempo, converteuse nunha auténtica sensación e tivo gran afluencia de público.

O evento comezou ás dez da mañá coa chegada dos automóbiles, todos eles elegantes modelos de coche que marcaron épocas pasadas e cun mínimo de 30 anos de antigüidade.

O público puido ver os coches na Praza de España durante toda a xornada e, ata as sete e media da tarde, centos de persoas percorreron a exhibición de vehículos e puido coñecer a súa historia e funcionamento.

Durante a mañá, tamén se achegou ata a concentración o concelleiro de Deportes de Pontevedra, Tino Fernández, que mantivo un encontro coa organización.