Os concellos reciben a subvención da Xunta para contratar persoal dedicado á prevención de incendios

Pontevedra
10 de xuño 2020

Os municipios rurais das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés reciben máis de 100.000 euros cada unha para a contratación de desempregados

Tarefas de rozadura para previr os lumes forestais Xunta de Galicia

A Xunta fai pública a resolución do programa de axudas Aprol Rural que permitirá aos concellos a contratación de persoal para realizar traballos de prevención e extinción de incendios. 

Na comarca de Pontevedra contrataranse a oito persoas desempregadas: tres en Cerdedo-Cotobade, dous na Lama, un en Ponte Caldelas e outro en Campo Lameiro. Desde a Consellería de Emprego puntualizan que Marín tamén poderá acceder a estas subvencións, que destina un total de 115.700 euros aos municipios da área.

Na comarca do Salnés serán contratados o mesmo número de traballadores repartidos do seguinte modo: dous en Sanxenxo, dous en Meaño, dous en Ribadumia, un en Meis e outro no Grove; o que supoñerá un investimento de 110.000 euros.

Cun operario máis contarán na comarca de Caldas, na que se investirán 125.000 euros. Moraña e Valga poderán contratar a dous traballadores, mentres que Cuntis, Caldas de Reis, Catoira, Portas e Pontecesures, tan só un.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano máis dun millón de euros para a contratación de 71 persoas desempregadas en 49 municipios da provincia de Pontevedra para a realización de tarefas relacionadas coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.