En apenas cinco meses, o programa de compostaxe domiciliaria de Pontevedra permitiu recoller máis de 275 toneladas de residuos orgánicos a través dos contedores marróns situados nas rúas máis céntricas da cidade de Pontevedra.
Neste Plan ComPOsta, participan máis dun milleiro de establecementos comerciais e domicilios particulares da cidade que, no seu conxunto, contribuíron a que todos eses residuos orgánicos puidéronse retirar do lixo enviado diariamente a Sogama.
Co obxectivo de seguir crecendo en número de usuarios e en cantidade de residuos recollidos, o Concello de Pontevedra prevé instalar unha carpa na Praza da Peregrina, o próximo 11 de decembro, se as condicións meteorolóxicas así o permiten.
Neste punto de información, os responsables deste programa ambiental resolverán dúbidas sobre o funcionamento deste sistema e tramitarán as novas adhesións.
Ademais, os participantes nesta iniciativa poderán, previa presentación da tarxeta electrónica asociada ao seu domicilio, recoller unha bolsa co compost xerado con este labor.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.