Os estudos epidemiolóxicos en Pontevedra reflicten que os contaxios céntranse nas xuntanzas familiares e de non convivintes

Pontevedra
13 de decembro 2021

Esta área sanitaria mantén activa a vixilancia COVID nas Unidades de Medicina Interna 2 e Oncoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra, onde mantén seguemento a pacientes e persoal en colaboración cos referidos servizos  

Brinde nunha cena de amigos
Brinde nunha cena de amigos / PontevedraViva

Segundo os estudos epidemiolóxicos do perfil dos casos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, continúa a observarse que os contaxios seguen a centrarse fundamentalmente no eido das xuntanzas familiares e de non convivintes.

Esta área sanitaria mantén activa a vixilancia COVID nas Unidades de Medicina Interna 2 e Oncoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra, con seguemento a pacientes e persoal en colaboración con estes servizos.

Dende a xerencia aseguran que non se teñen identificados novos casos entre os pacientes de ditas unidades. 

As áreas de hospitalización manteñen as súas dependencias en funcionamento, mais coa antedita vixilancia activa de pacientes e profesionais.

A Administración Sanitaria Pública galega reitera de novo á poboación a necesidade permanente de extremar as medidas de prevención xa coñecidas e reiteradamente mencionadas -uso de mascarilla, hixiene de mans e distancia social- para evitar a aparición de novos contaxios.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) trasladou o seu "profundo agradecemento polo extraordinario traballo de equipo e adicación de todos os profesionais da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés na súa tarefa para acadar a contención da pandemia de COVID-19".