Os expertos en mobilidade avalan o modelo de cidade de Pontevedra

Pontevedra
18 de outubro 2014

O II Congreso Cidades que Camiñan rematou no Pazo da Cultura coa participación de expertos en mobilidade nas cidades tanto de España como de Portugal indicando a importancia que Pontevedra ten para o desenvolvemento de modelos no que a actividade peonil sexa prioritaria  

Clausura do Congreso Cidades que camiñan
Clausura do Congreso Cidades que camiñan / Concello de Pontevedra

A idea de que a cidade é para os peóns imperou no desenvolvemento do II Congreso Cidades que Camiñan que se desenvolveu no Pazo da Cultura coa participación de numerosos expertos en mobilidade, que destacaron a relevancia de Pontevedra como modelo referente na aplicación de medidas que eviten a presenza maioritaria dos vehículos no centro da cidade.

Durante este foro sentáronse as bases para crear unha rede de cidades que traballen co obxectivo posto na redución de accidentes nas urbes e nos seus accesos.

Torres Vedras, a cidade portuguesa na que se celebrará a terceira edición deste Congreso, obtivo na clausura o premio Ciudades que Caminan 2014 para as urbes de menos de 50.000 habitantes pola aplicación de fórmulas de sostibilidade ambiental. Irún levouse o galardón para as cidades de entre 50.000 e 100.000 habitantes por implantar as zonas de límite de circulación a 30 quilómetros/hora.