Os galegos entre 70 e 80 anos comezarán a vacinarse a principios de maio

Pontevedra
17 de marzo 2021

Galicia segue avanzando no seu proceso de vacinación contra a covid-19. Os próximos en ser inmunizados, segundo anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, serán os cidadáns que teñan entre 70 e 80 anos

Xornada de vacinación de covid no Recinto Feiral de Pontevedra
Xornada de vacinación de covid no Recinto Feiral de Pontevedra / Cristina Saiz

Galicia segue avanzando no seu proceso de vacinación contra a covid-19. Os próximos en ser inmunizados, segundo anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, serán os cidadáns que teñan entre 70 e 80 anos.

Se se cumpren as previsións das autoridades sanitarias, que esperan que a vacinación dos maiores de 80 anos se complete a finais de abril, este novo segmento de poboación empezará a recibir as súas doses a principios de maio.

Núñez Feijóo confía en que a chegada de novas vacinas da farmacéutica Pfizer se intensifiquen nas próximas semanas para cumprir con estas previsións.

Inmunizar os maiores de 70 anos, que segundo lembrou o presidente autonómico, supuxeron o 90% dos falecidos durante a pandemia, supoñería un "salto cualitativo" que tería un "impacto definitivo" nas cifras de mortos por covid-19.

Con respecto ao resto, recoñeceu o presidente, ábrese un "compás de espera" ata coñecer os estudos sobre os posibles efectos adversos da vacina de Astrazeneca, unha "prudencia" que comparten desde Galicia.

Do seu resultado, sinalou Feijóo, espéranse "certezas" que permitan planificar o sistema de vacinación coas "máximas garantías" para os cidadáns.