A comisión primeira do Parlamento Galego aprobou este mércores por unanimidade unha iniciativa do BNG para o desenvolvemento da Lei de Emerxencias de Galicia, así como a diminución dos actuais tempos de resposta do Servizo de extinción de incendios e salvamento nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Moraña, Ponte Caldelas e A Lama, e nas demais zonas de sombra.
Desde fai xa máis de 2 anos, a Xunta anunciou a revisión do mapa de emerxencias e a comarcalización dos parques de bombeiros das cidades, mais pouco se avanzou ao respecto.
Os grupos parlamentarios instan á Xunta e a Deputación de Pontevedra a que "estuden e acorden", en colaboración cos concellos e a través dos consorcios, unha solución para darlle unha cobertura axeitada ás emerxencias nos citados municipios do interior da provincia.
O Partido Popular presentou unha emenda á proposición do Bloque Nacionalista Galego pedindo que se eliminase o prazo do primeiro semestre do 2020 para poder buscar esta solución.