Os hospitais da área sanitaria suman 20 ingresados por covid dos que 3 están na UCI

Pontevedra
01 de decembro 2021

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este mércores 1 de decembro, 592 persoas con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 65 máis que onte martes. 

Datos covid-19 durante este mércores 1 de decembro na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Datos covid-19 durante este mércores 1 de decembro na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés / Sergas

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este mércores 1 de decembro, 592 persoas con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 65 máis que onte martes. 

Nas últimas 24 horas confirmáronse 74 novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.

O número de pacientes hospitalizados é de 17 persoas atendidas en planta de hospitalización. Destes, 15 están no Hospital Montecelo e 2 no Hospital do Salnés. Hai 3 pacientes ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo. 

O resto dos que contraeron o virus, 572 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 21.429 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, sete máis nas últimas 24 horas. Durante a pandemia rexistráronse 206 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nas últimas horas 474, o que suma un total de 318.407. A estas probas súmanse as 161.310 probas de antíxenos e outras 111.864 probas de detección realizadas ata a data.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.973 deles 838 son da área da Coruña, 548 da de Lugo, 1.572 da de Ourense, 592 da de Pontevedra, 1.652 da área de Vigo, 473 da de Santiago e 298 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 5.804 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 182.030 persoas curadas, rexistrándose 2.671 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.005.329.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.970.864.

.