Os incendiarios atacan Cuntis por segunda vez en menos de 24 horas

Umia
09 de setembro 2020

Tras un incendio que o pasado luns puxo en perigo varias viendas na parroquia de Cequeril, os veciños de Cuntis volveron sufrir o ataque dos incendiarios. Desta volta, no lugar de Vilar. Ao igual que no primeiro incendio, tamén nesta ocasión o lume se propagou cerca das casa acercándose a 300 metros do núcleo

Incendio forestal en Vilar, Cuntis
Incendio forestal en Vilar, Cuntis / Concello de Cuntis

Tras un incendio que o pasado luns puxo en perigo varias vivendas na parroquia de Cequeril, os veciños de Cuntis volveron sufrir o ataque dos incendiarios. Desta volta, no lugar de Vilar.

As lapas declaráronse pasadas as cinco da tarde e a rápida actuación dos medios de extinción, tanto da Xunta como do Concello, permitiu que a superficie calcinada non superase os 2.000 metros cadrados de terreo arborado.

Ao igual que no primeiro incendio, tamén nesta ocasión o lume se propagou cerca das casas acercándose a 300 metros do núcleo.

O Concello de Cuntis condena firmemente este novo acto incendiario e sinala que manterá a coordinación coas autoridades e forzas de seguridade para dar co autor ou autores.

"Máis pronto que tarde pagarán por estes feitos desaprensivos e realizados co único fin de facer dano", advirten desde o goberno municipal.

Cuntis, recorda o Concello, "foi sempre un municipio tranquilo" con respecto aos lumes forestais e este ano "estase vendo atacado por unha elevada actividade incendiaria", polo que garanten que terán "tolerancia cero" cos que pretenden "devastar o territorio" pegándolle lume.