Os investigadores interrogan a testemuñas dos abusos da Estrada e buscan posibles cámaras

O Salnés
18 de decembro 2017

En declaracións aos medios en Vigo, Villanueva explicou que os investigadores interrogarán este luns ás posibles testemuñas. Ademais, engadiu que tamén se revisará a zona na que se produciu o ataque para comprobar "se hai cámaras que se poidan visualizar e que poidan arroxar datos que poidan levar ao esclarecemento do caso"

Santiago Villanueva, na comandancia da Garda Civil de Pontevedra Mónica Patxot

Os abusos sexuais sufridos por unha moza de Vilagarcía, que denunciou ser atacada por un grupo de dez mozos na Estrada, é un tema "moi sensible", segundo o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, que fixo un chamamento á tranquilidade e pediu "deixar traballar" á Garda Civil.

En declaracións aos medios en Vigo, Villanueva explicou que os investigadores interrogarán este luns ás posibles testemuñas.

"Nun caso como este interrógase a todo o mundo, dentro da contorna da propia vítima pero, sobre todo, buscando a alguén que puidese identificar aos presuntos autores e xente que circulase pola zona nese momento", sinalou o delegado do Goberno.

Ademais, Santiago Villanueva engadiu que tamén se revisará a zona na que se produciu o ataque para comprobar "se hai cámaras que se poidan visualizar e que poidan arroxar datos que poidan levar ao esclarecemento do caso".

Ante situacións deste tipo, lembra Villanueva, a denuncia é "necesaria" e sinalou que "serán benvidos" todos os datos que poida achegar calquera persoa que puidese ser testemuña dos feitos.