Os isleños regresan a Ons

Bueu
17 de maio 2020

A Consellería Medio Ambiente autorizou desde este sábado á navieira Nabia a fretar un barco á illa de Ons. Por agora as viaxes están reservadas só para os veciños xa que a fase 1 da  desescalada permite ir a segundas residencias dentro da mesma provincia

Illa de Ons
Illa de Ons

A Consellería Medio Ambiente autorizou desde este sábado á navieira Nabia a fretar un barco á illa de Ons. Por agora as viaxes están reservadas só para os veciños xa que a fase 1 da  desescalada permite ir a segundas residencias dentro da mesma provincia.

Sen apenas marxe para coñecer unha decisión que se anunciou o venres, só foron unha trintena de isleños os primeiros en regresar ás súas vivendas en Ons, os visitantes aínda deberán esperar, polo menos ata mediados de xuño.

Deste xeito, Cesáreo e Victoria que pasaron todo o confinamento na illa puideron ver ás súas fillas Pepi e Zulema Pérez e ás súas bisnetas Martina e Carmen.

A maioría dos isleños aproveitaron a viaxe para facer limpeza dos seus domicilios e preparar as hortas.